South Sudan Oyee!

South Sudan Oyee!
Himno deSudán do Sur
MúsicaEstudantes e profesores da Universidade de Juba[1]
2011
Adoptado2011
Mostra da música
noicon

"South Sudan Oyee!" (Hurra Sudán do Sur![1]) é o himno nacional do Sudán do Sur. O himno foi elixido pola Comisión Nacional do Sudán do Sur,[2] creada polo Movemento de Liberación Popular do Sudán,[3] ala política do Exército de Liberación Popular do Súdan, tras un concurso en agosto de 2010 para decidir o himno do novo estado futuro. O himno entrou en vigor tras o referendo de independencia do Sudán do Sur de 2011, cando este se tornou nun estado soberano o 9 de xullo de 2011.[4]

  1. 1,0 1,1 Martell, Peter (11 de xaneiro de 2011). "A song for south Sudan: Writing a new national anthem". BBC News. Consultado o 12 de decembro de 2022. 
  2. "National Anthem of South Sudan for Android - APK Download". APKPure.com (en inglés). Consultado o 12 de decembro de 2022. 
  3. "South Sudan Oyee!". NationalAnthems.me. Arquivado dende o orixinal o 1 de novembro de 2012. Consultado o 7 de novembro de 2012. 
  4. "Southern Sudan prepares own anthem ahead of referendum". BBC News. 6 de agosto de 2010. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search